Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática

2023/2024 · 240 créditos

Introdución

Este grao se imparte na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con mais de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.

O Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Técnico Industrial (Orde CIN/351/2009).

Ademais das saídas profesionais, dende a adaptación dos títulos ao Espazo Europeo de Educación Superior, este grao permite o acceso directo, entre outros, ao Mestrado de Enxeñaría Industrial (Orde CIN/311/2009), titulación académica que habilita para a profesión regulada de Enxeñeiro Industrial.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 30 de maio de 2023.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
50

Por que estudar a titulación

Estudarás unha titulación práctica con presenza e aplicación na maioría dos sectores estratéxicos do noso país, de forma que adquirirás os coñecementos que te permitan dirixir e xestionar proxectos de enxeñaría nos ámbitos da electrónica, a automática e a robótica.

Obterás coñecementos de ciencia e enxeñaría e unha sólida formación nun amplo número de áreas tecnolóxicas.

Poderás coñecer e estudar as tecnoloxías habilitantes da Industria 4.0

É unha das titulacións con maior taxa de emprego, unha profesión cun amplo espectro de saídas profesionais, versátil e multidisciplinar, que se sitúa entre as máis demandadas polas empresas.

Web da E.P.E.F

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 26/07/2022
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 27/05/2021
Data publicación plan estudos BOE 19/05/2021