Logo da Universidade da Coruña

Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos pretende a creación de especialistas na defensa e asesoramento de traballadores e empresarios con base en tres piares:

  • Unha formación xurídica ampla e asemade profunda no dereito do traballo e da Seguridade Social.
  • Coñecementos de carácter económico e técnico, con especial atención á visión do subsistema empresarial dos recursos humanos, sen esquecer a visión global da empresa, tanto desde un prisma interno como externo, con todos os factores económicos esóxenos que teñen influencia sobre o sistema empresa.
  • Finalmente, unha formación sociolóxica sen a cal non teriamos unha visión completa do apaixonante mundo das relacións laborais.
  • Ofrecémosche un proxecto formativo ilusionante do punto de vista persoal eprofesional. O noso desexo é que aproveites ao máximo todos recursos que poñemos nas túas mans e que che permitirán chegar a ser un/ha profesional altamente cualificado/a.

    Páxina web da Facultade

    O estudo está verificado e publicado

     

    Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
    Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
    591€
    Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
    Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
    1.034€
    Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
    60

    Por que estudar a titulación

    Se consideras que as relacións laborais e os recursos humanos son unha actividade fundamental nos ámbitos individual e colectivo, que xogan un papel decisivo na calidade de vida das persoas e no funcionamento axeitado das empresas e organizacións, o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos ofréceche as ferramentas adecuadas para desenvolveres unha perspectiva multidisciplinar imprescindible para os líderes do mundo do traballo do mañá.

     Folleto informativo

    Folla de ruta

    Curso de comezo 2009/2010
    Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
    Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
    Data publicación autorización DOG 16/09/2009
    Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
    Data publicación plan estudos DOG 18/05/2010
    Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010