Logo da Universidade da Coruña

Programa de simultaneidade do Grao en Enxeñaría Mecánica e o Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

2017/2018 · 333 créditos

Introdución

O programa de simultaneidade abre a posibilidade de obter mediante un itinerario especificamente deseñado con 5 cursos de duración dous títulos de grao con competencias profesionais de enxeñeiro técnico:

Este programa ten unha normativa específica (⇒ Enlace) que contempla, entre outros aspectos:
  • O itinerario coas materias a cursar de cada titulación.
  • O número mínimo de créditos en cada matrícula.
  • Os recoñecementos que se aplicarán e o momento en que se farán efectivos.
  • O procedemento para abandonar o programa e optar por rematar algunha das dúas titulacións.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.463€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
15

Por que estudar a titulación

É a única posibilidade en toda España de obter os dous graos seguindo un programa estruturado en 5 cursos académicos. A dobre titulación aumenta as saídas laborais que xa teñen cada un dos graos debido ao coñecemento de dúas ramas da enxeñaría cunha gran relación que se incrementará co desenvolvemento de aplicacións offshore.

 Folleto informativo