Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica proporciona coñecementos científicos e tecnolóxicos para deseñar, construír, reparar, manter e inspeccionar buques, artefactos oceánicos e instalacións mariñas ou industriais da súa competencia, así como todos os cálculos relacionados coa arquitectura naval, os sistemas de propulsión e o resto dos sistemas auxiliares e equipos dos buques.

Este grao habilita para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a naval (Orde CIN/350/2009) coas atribucións profesionais dos actuais enxeñeiros técnicos navais, tanto na especialidade de estruturas mariñas como na de propulsión e servizos do buque. Así mesmo, dá acceso ao Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica, que habilita para exercer a profesión regulada de enxeñeiro/a naval e oceánico/a.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Unha carreira sen paro… En catro anos formamos profesionais altamente cualificados e preparados para accederen a un mercado laboral cunha altísima demanda pola multitude de campos de actuación, e que posteriormente poden seguir formándose na nosa escola mediante a futura titulación do Mestrado en Enxeñaría Naval e Oceánica.

Unha profesión fascinante… Esta titulación vai capacitarte para traballares en sectores ligados ao ámbito da enxeñaría naval e oceánica (proxecto, enxeñaría de fabricación, dirección de obra, inspección técnica, seguridade, salvamento e rescates, apoio loxístico, plans de mantemento, transformacións, reformas e grandes reparacións, xestión de industrias marítimas etc.), que se desenvolven, principalmente, sobre os seguintes sistemas tecnolóxicos:

  • Buques e embarcacións de todo tipo
  • Plataformas e artefactos flotantes e fixos (diques flotantes, dragas e artefactos auxiliares para a construción e o mantemento de portos e costas, artefactos para a exploración e o aproveitamiento de recursos mariños etc.)
  • Tecnoloxía para alta mar (offshore)
  • Acuicultura e sistemas de pesca
  • Industrias marítimas (estaleiros, navieiras etc.)

Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Data publicación autorización DOG 05/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 05/05/2014