Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais representa a continuidade da titulación de Enxeñaría Industrial presente en España desde hai máis de 150 anos. O seu campo de actividade está orientado cara ao proxecto, a construcción e a produción na industria e os seus transformados en xeral, así como a moitas actividades do sector servizos.

Abrangue un gran número de campos, tanto tradicionais como de futuro: electrónica e automática, enxeñaría eléctrica, química industrial e medio, técnicas enerxéticas, metalurxia e enxeñaría de materiais, construción, organización industrial e fabricación.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Unha carreira sen paro… En catro anos formamos profesionais altamente cualificados e preparados para accederen a un mercado laboral cunha altísima demanda pola multitude de campos de actuación, e que posteriormente poden seguir formándose mediante a futura titulación do Mestrado en Enxeñaría Industrial.

Una profesión fascinante… Realiza traballos como os seguintes: deseño de novos materiais, proxección e explotación de parques eólicos, centrais hidráulicas, pilas de combustible, combustibles alternativos ou construcións bioclimáticas, entre outros.

Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 09/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/04/2011