Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría Mecánica

2015/2016 · 240 créditos

Introdución

A enxeñaría mecánica constitúe a base principal do progreso tecnolóxico na industria. Por este motivo, os enxeñeiros mecánicos son uns dos profesionais máis demandados non só nas ramas da construción ou as máquinas, mais tamén na industria en xeral.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Unha carreira sen paro… En catro anos formamos profesionais altamente cualificados e preparados para accederen a un mercado laboral cunha altísima demanda pola multitude de campos de actuación, e que posteriormente poden seguir formándose na nosa escola mediante a futura titulación do Mestrado en Enxeñaría Industrial.

Unha profesión fascinante… Esta titulación vai capacitarte para traballares en sectores de vangarda como a automoción, a robótica, a fabricación e a construción de plantas industriais e de grandes estruturas.

Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 06/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/04/2011