Logo da Universidade da Coruña

Grao en Xestión Industrial da Moda

2018/2019 · 240 créditos

Introdución

O grao en Xestión Industrial da Moda proporciona ao alumnado interesado na industria téxtil e con ganas de desenvolver proxectos internacionais unha sólida formación práctica e interdisciplinar para a análise e a toma de decisións en todos os elos da cadea de valor da moda: deseño, subministración, distribución e comercialización.

O plan de estudos ten un total de 240 créditos distribuídos en catro cursos (de 60 créditos cada un).

Conforme á orientación internacional do grao, como mínimo o 40% dos créditos do plan de estudos impartirase en lingua inglesa, o que conferirá ao título a condición de bilingüe.

Conforme á orientación práctica do grao, o currículo conta con seminarios impartidos por profesionais do sector e desenvólvese en colaboración coa Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia-Clúster Galego Téxtil Moda (Cointega).

Conforme á orientación interdisciplinar do grao, o seu plan de estudos estrutúrase nos seguintes cinco módulos:

  • Deseño e moda.
  • Xestión e administración empresarial (management).
  • Enxeñaría de procesos e sistemas de información.
  • Responsabilidade social empresarial (RSE).
  • Área transversal ou multidisciplinar.

O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao (TFG).

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2018/2019
50

Por que estudar a titulación

Os principais motivos para cursar esta titulación son os seguintes:

  • Primeiro grao bilingüe en inglés do sistema universitario galego.
  • Formación de calidade que ofrece unha visión integral das áreas de xestión empresarial da cadea de valor da moda.
  • Enfoque innovador, ao integrar a globalización, a sustentabilidade e a transformación dixital como vectores de transformación da industria da moda.
  • Carácter polivalente dos estudos para favorecer a inserción laboral dos graduados en calquera sector con cadeas de valor internacionalizadas e complexas.
  • Profesorado con cualificación contrastada e clara orientación ao alumnado.
  • Enfoque fundamentalmente práctico, con aplicación plena das metodoloxías implantadas no espazo europeo de educación superior.
  • Posibilidade de realización de prácticas en empresas con recoñecemento académico.
  • Posibilidade de cursar materias en universidades estranxeiras a través de convenios Erasmus e bilaterais.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 22/03/2018
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018