Logo da Universidade da Coruña

Programa de simultaneidade do Grao en Arquitectura Técnica e o Grao en Ciencias Empresariais

2016/2017 · 396 créditos

Introdución

A Universidade da Coruña, no seu obxectivo de ofrecer alternativas de formación que melloren a oferta dispoñible, posibilita que se poidan cursar de forma simultánea os estudos de grao en Arquitectura Técnica e grao en Ciencias Empresariais, mediante a proposta dun programa conxunto elaborado pola Escola Universitaria de Arquitectura Técnica e pola Facultade de Economía e Empresa sobre os plans de estudos oficiais. A impartición das disciplinas deste Programa de Simultaneidade será de xeito independente á equivalente no Grao en Arquitectura Técnica e no Grao en Ciencias Empresariais. En consecuencia realizarase en cada cuadrimestre no centro que corresponder segundo as disciplinas que se van impartir.

Titulacións que se obteñen

Graduado/a en Arquitectura Técnica pola UDC.

Graduado/a en Ciencias Empresariais pola UDC.

Duración do programa

Once cuadrimestres. O número de créditos necesario para superar o programa de simultaneidade dos dous graos é de 396 ECTS.

Centro onde se imparte

Escuela Universitaria de Arquitectura Técnica. Campus da Zapateira. A Coruña (Centro responsable a efectos de xestións administrativas). http://euat.udc.es/

Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña. A Coruña. www.economicas.udc.es

Prazas que se ofertan

A oferta de prazas será establecida para cada curso polo Consello de Goberno da Universidade. No curso 2014-2015 é de 30 prazas. Só poderán acceder ao Programa de Simultaneidade aqueles estudantes que reúnan

O estudo está verificado e pendente de publicación

Por que estudar a titulación

Dez motivos para estudar simultaneamente Arquitectura Técnica e Ciencias Empresariais na UDC

1. En once cuadrimestres, a/o estudante obterá dous graos oficiais cunha plena adquisición de competencias en ambas as dúas titulacións.

2. Os estudos desenvolveranse en dous centros caracterizados pola súa orientación á docencia de calidade e innovación nos sistemas de estudo.

3. O profesorado ten experiencia acreditada como docente e/ou como profesional nas distintas materias que se imparten.

4. Os/as estudantes terán á súa disposición todos os medios técnicos e humanos que posibilitan unha aprendizaxe de calidade.

5. As clases teñen tamaño reducido para posibilitar unha mellor adquisición de coñecementos e un contacto directo e permanente co profesorado.

6. A estrutura da docencia (expositiva, interactiva, titoría en pequeno grupo, laboratorios, etc.) permite a adquisición de sólidos fundamentos teóricos e a súa aplicación a problemas reais do mundo do traballo.

7. Ao se tratar dunha simultaneidade de estudos cunha esixente programación temporal e de contidos, o/a estudante compartirá clases, traballos, etc. con outros/as alumnos/as de elevado rendemento académico e isto redundará positivamente na súa formación integral.

8. Existe a posibilidade de realización de prácticas externas para introducir o/a estudante nos problemas reais que no futuro terán que abordar na súa vida profesional.

9. Os programas de mobilidade permitirán que os/as estudantes poidan realizar parte da súa formación en universidades estranxeiras.

10. O estudante poderá acceder ao mercado do traballo cunha formación de alto nivel que o diferenciará positivamente na busca de emprego.