Logo da Universidade da Coruña

Grao en Arquitectura Técnica

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao de Arquitectura Técnica da UDC é o único que se imparte en Galicia que habilita para o exercicio da profesión regulada de arquitecto técnico. O período para esta formación é de catro anos.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Este grao ten numerosas saídas profesionais, non só no territorio español senón tamén no ámbito internacional.

Unha parte da reactivación da nosa economía pasa pola rehabilitación do patrimonio arquitectónico existente e a creación de edificacións de obra nova eficientes, o que fai necesaria a formación de profesionais ben capacitados para exerceren como técnicos e dirixentes do proceso edificatorio.

A edificación, en todas as súas vertentes, absorbe gran parte de man de obra de técnicos e traballadores, tanto en empresas construtoras de calquera tamaño, como en empresas de industrias auxiliares.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 02/05/2014
Data publicación plan estudos BOE 05/05/2014