Logo da Universidade da Coruña

Grao en Turismo

2015/2016 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Turismo impártese na Escola Universitaria de Turismo-CENP adscrita á Universidade da Coruña, situada en pleno centro da cidade, a 200 metros da praia de Riazor. Este grao pertence á rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e ten unha duración de catro anos e un total de 240 créditos ECTS.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

O sector turístico xoga un papel fundamental na xeración de emprego, benestar e riqueza tanto en Galicia como en España e o resto do mundo.

Con máis de 50 anos de experiencia na formación superior, o CENP foi o primeiro centro en impartir estudos de Turismo en España. Ademais, é membro afiliado á Organización Mundial do Turismo (OMT), organismo integrado nas Nacións Unidas, e membro activo da Rede de Coñecemento da OMT.

O Grao en Turismo ofrece a oportunidade de adquirir coñecementos multidisciplinares e transversais, xa que abrangue diversas áreas de estudo, algunhas máis xerais,como a economía, os idiomas, a xeografía, a comunicación e as novas tecnoloxías; e outras específicas do sector, incluíndo intermediación, aloxamentos, patrimonio e xestión de recursos turísticos.

O mundo do turismo é esencialmente multicultural, e os alumnos terán a oportunidade de obteren unha visión internacional dunha industria innovadora e en constante cambio, grazas non só á formación teórica, senón tamén á mobilidade internacional e o seu amplo programa de prácticas en empresas e institucións turísticas privadas e públicas en España e fóra de España, que proporcionan unha visión real do sector e unha experiencia laboral moi valiosa á hora de enfocar o seu futuro profesional.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 09/06/2010
Data publicación plan estudos BOE 29/05/2010