Logo da Universidade da Coruña

Grao en Educación Primaria

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Educación Primaria é un título da Facultade de Ciencias da Educación que habilita para a profesión regulada de mestre en educación primaria. Pertence á área de ciencias sociais e xurídicas, cunha duración de catro anos e 240 créditos ECTS na súa totalidade.

Os estudos de Maxisterio teñen unha longa tradición académica e coa actual reforma prodúcese un importante avance: a súa equiparación co resto das titulacións universitarias.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

Por que estudar a titulación

Este título está regulado polo Estado e responde a unha necesidade social básica: formar o profesorado que permitirá dar satisfacción ao dereito de todos os cidadáns e cidadás á educación, neste caso primaria. Trátase, por tanto, dun título eminentemente profesionalizador.

As disciplinas científicas que conflúen neste campo son diversas: pedagoxía, didácticas específicas, psicoloxía, socioloxía etc. De feito, unha boa parte da investigación psicopedagóxica realizada en España nos dous últimos séculos está directamente vinculada á formación do profesorado de ensino infantil e primaria.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 11/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010