Grao en Fisioterapia

2022/2023 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Fisioterapia é un título da Facultade de Fisioterapia. Pertencente á rama de coñecemento das Ciencias da Saúde, cunha duración de catro anos e 240 créditos ECTS.

A fisioterapia (termo que provén etimolóxicamente de (physis 'natureza', e therapia 'curación natural') é unha profesión sanitaria que ten como obxectivo a prevención e/ou resolución dos problemas de saúde intervindo sobre o individuo ou a comunidade a través dos medios que lle son propios , esto é , a aplicación de axentes físicos non ionizantes.

A formación adquirida na Facultade de Fisioterapia pretende formar profesionais con alta preparación científica e competencia suficiente para efectuar unha avaliación clínico-funcional, realizar o diagnóstico de fisioterapia e diseñar, programar e aplicar a intervención fisioterapéutica co obxectivo identificar, previr, tratar e rehabilitar os problemas de saúde susceptibles de ser abordados dende a Fisioterapia.

Data de última modificación 13/05/2019

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 17 de decembro de 2019.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023
60

Por que estudar a titulación

A fisioterapia é unha profesión de elevado recoñecemento social, cun alto índice de inserción laboral e con diferentes ámbitos de actuación (clínco-asistencial, investigador, de xestión e docente), que permiten encauzar selectivamente os intereses e preferencias dos futuros profesionais.

O Grao en Fisioterapia da Facultade de Fisioterapia da Universidade da Coruña goza dun recoñecido prestixio nacional e internacional debido á coherencia, estrutura e actualidade do seu plano de estudos (cun especial punto de atención na coordinación teórico, práctica e práctico-clínica), ao alto grao de especialización do seu profesorado e a uns servizos de apoio á docencia de alta calidade.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 16/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/04/2011