Logo da Universidade da Coruña

Grao en Fisioterapia

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Fisioterapia é un título da Facultade de Fisioterapia pertencente á rama de coñecemento das Ciencias da Saúde, cunha duración de catro anos e 240 créditos ECTS.

Ao longo da historia a fisioterapia configurouse como unha disciplina terapéutica que ten por finalidade a curación natural, o que corresponde coa etimoloxía do termo (physis 'natureza', e therapia 'curar, coidar'). Segundo a Confederación Mundial para a Fisioterapia, esta conforma un dos piares básicos da terapéutica de que dispón a medicina para curar, previr e readaptar os pacientes, alén da farmacoloxía, a cirurxía e a psicoterapia. A fisioterapia, por tanto, é unha disciplina sanitaria orientada á promoción da saúde, a prevención, o tratamento e a rehabilitación física de alteracións funcionais.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

Por que estudar a titulación

O Grao en Fisioterapia da Universidade da Coruña goza de gran recoñecemento en todo o país, así como dunha alta participación e representación no ámbito internacional. Os fisioterapeutas, ademais de función asistenciais (no sistema sanitario público, no exercicio libre e en entidades ou accións sociais, deportivas e comunitarias) desempeñan funcións docentes, de investigación e de xestión.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 16/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/04/2011