Logo da Universidade da Coruña

Grao en Ciencias Empresariais

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Ciencias Empresariais impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación en xestión empresarial orientada á resolución de problemas operativos, tácticos e estratéxicos.

O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, historia económica etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía etc.) e formación empresarial (organización, márketing, finanzas, sistemas de información, fiscalidade, dirección e estratexia). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
90

Por que estudar a titulación

O principais motivos para cursar esta titulación son:

  • Formación de calidade nos áreas de xestión empresarial.
  • Carácter polivalente dos estudos para favorecer a inserción laboral dos graduados.
  • Profesorado con cualificación contrastada e clara orientación ao alumnado.
  • Aplicación plena das metodoloxías implantadas no Espazo Europeo de Educación Superior (Boloña).
  • Orientación á internacionalización con formación regrada en inglés empresarial.
  • Posibilidade de realización de prácticas en empresas con recoñecemento académico.
  • Posibilidade de cursar materias en universidades europeas e latinoamericanas a través de convenios Erasmus e bilateriais.
  • Posibilidade de continuar estudos de posgrao a través dos mestrados universitarios impartidos na facultade e no programa de doutoramento.

Visita a páxina da nosa facultade:

Facultade de Economía e Empresa

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 30/10/2017
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010