Logo da Universidade da Coruña

Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil é unha adaptación e mellora do primeiro ciclo da actual titulación de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ao espazo europeo de educación superior. O obxectivo principal desta titulación é formar enxeñeiros cunha sólida base científica que poidan acceder ao Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos coa mellor preparación posible.

Contacta con nós:

Tel. 981 167 000, ext. 1440

Máis información

O estudo está verificado e pendente de publicación

Por que estudar a titulación

As razóns de tipo académico, científico e profesional para estudar este título radican en que foi deseñado:

  • para formar titulados universitarios cunha preparación físico-matemática rigorosa orientada á técnica e unha preparación xeneralista sólida en múltiples ámbitos da enxeñería, e en particular da enxeñaría civil;
  • segundo un modelo formativo en que método científico é a base do ensino e da aprendizaxe da técnica;
  • como unha primeira etapa do acceso a unha profesión regulada plenamente vixente como é a enxeñaría de camiños,canais e portos, directamente relacionada co sector da construción civil, que é un referente no ámbito internacional e un dos principais motores da economía española.

Asimesmo esta titulación de grao permite o acceso á profesión regulada de Enxeñería Técnica de Obras Públicas: Especialidade en Construcións Civís.

 Folleto informativo