Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría de Obras Públicas

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Enxeñaría de Obras Públicas dá acceso á profesión regulada de enxeñeiro técnico de obras públicas.

En 2018 este grao obtivo o selo de calidade internacional EUR-ACE sen prescripcións.

http://www.enaee.eu/

Contacta connosco no:

Tel. 981 167 000 extension 1440

Máis información

Web da Escola

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.463€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
80

Por que estudar a titulación

As razóns de tipo académico e profesional para estudar este título radican en que permite acceder á profesión regulada de enxeñaría técnica de obras públicas. Ademais, esta titulación proporciona unha formación específica no ámbito de actuación técnica da enxeñaría civil e a construción.

Este título tamén permite o acceso ao Mestrado en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos.

A Escola conta cun amplo abano de prácticas en empresas e institucións do eido da enxeñería. Todos os alumnos de últimos cursos que o solicitaron puideron realizar estadías de prácticas. Todos os anos a Escola organiza a realización de máis de 100 estadías de prácticas .

Asimesmo os alumnos dispoñen dun amplo abano de posibilidades de realización de programas de mobilidade internacional (Erasmus, etc.) con universidades de prestixio como por exemplo: Polit. Milán, Polit. Turín, Univ. Porto, Polit. Cracovia, Univ. Graz, Univ. Stuttgart, Univ. Chalmers e Univ. San Diego, entre outras.

Os alumnos comentan en este video as súas razóns para estudar na Escola.

A docencia nas aulas compleméntase coa realización de prácticas de laboratorio das distintas asignaturas tanto na propia Escola como no Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil ( CITEEC), un dos maiores centros de innovación tecnolóxica en Enxeñería Civil de España.

Ademais das actividades docentes propias da Escola, os estudantes disfrutan dunha ampla vida universitaria: viaxes de prácticas, actividades deportivas (Intercamiños), Asociacións de estudantes (Delegación de estudantes, clube deportivo,etc.), Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, ciclos de conferencias, cursos de formación, cursos de mellora das habilidades comunicativas, entre outras moitas actividades lúdicas e culturais.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 25/08/2015
Data publicación plan estudos BOE 19/08/2015