Logo da Universidade da Coruña

Grao en Náutica e Transporte Marítimo

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

Os estudos do Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo teñen carácter científico-tecnolóxico e dan acceso ao exercicio, a bordo de buques, das profesións de piloto e capitán/á da mariña mercante.

O plan de estudos está deseñado para capacitar o alumnado de cara á realización das funcións de dirección nos aspectos náuticos, de seguridade, persoal e operacións que se desenvolven nun buque.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

O plan de estudos está deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais náuticos, para dar acceso a un mercado laboral cunha alta demanda, coa posibilidade de exerceren a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito marítimo.

Disponse dun profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria na mariña mercante e outros sectores marítimos. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector, que se reforza cunha carga de prácticas en empresas de até catro meses.

A existencia de dúas mencións ou especialidades permite orientar a túa vocación non só cara ao ámbito da mariña mercante, senón tamén a outras actividades do sector marítimo, en que os nosos ex-alumnos gozan dun alto recoñecemento.

Así mesmo, o Grao en Enxeñaría Náutica e Transporte Marítimo dá acceso ao mestrado que cómpre cursar para o exercicio da profesión de capitán/á da mariña mercante.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data publicación plan estudos BOE 18/04/2011