Logo da Universidade da Coruña

Grao en Estudos de Arquitectura

2016/2017 · 300 créditos

Introdución

O "Grao en Estudos de Arquitectura" que se imparte na é a única titulación do Sistema Universitario Galego que, tras a superación do "Mestrado en Arquitectura", permitirache exercer como ARQUITECTO.

A Orde EDU 2075/2010 actualiza o itinerario formativo para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto.

Itinerarios extinguidos: Arquitecto plan 1995 (5 anos + PFC). Graduado en Arquitectura plan 2010 (6 anos). Itinerario actualizado: Grao en Estudos de Arquitectura (5 anos) + Mestrado en Arquitectura (1 ano)

A finalidade do título “Graduado en Estudos de Arquitectura” é a adquisición por parte do estudante dunha formación de carácter especializado multidisciplinar, orientada á adquisición dos coñecementos e competencias necesarios para a arquitectura e a ordeación do territorio, que permitirán ademais o acceso ao Mestrado Universitario en Arquitectura, título habilitante para exercer a profesión regulada de Arquitecto.

A superación desta titulación de Grao é requisito ineludible para o acceso ao título de Mestrado Universitario en Arquitectura, que habilita profesionalmente ao alumno como Arquitecto, profesión regulada pola Directiva Europea 2013/55/UE de recoñecemento de cualificacións profesionais. Ademais, esta titulación permitirá ao egresado o acceso aos estudos de doutoramento ao tratarse dun Grao cuxa duración supera os 300 créditos ECTS.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o venres, 25 de setembro de 2015.

Por que estudar a titulación

O Grado en Estudos de Arquitectura ofrece unha completa formación nos complexos procesos que implica a arquitectura. A continuación relacionanse algunhas das mais importantes áreas de desenvolvemento profesional ás que é posible acceder desde a titulación de Graduado/a en Estudos de Arquitectura. Pola natureza dos estudos e polos seus contidos, o número de ámbitos de traballo é moi amplo:

  • Acceder, de forma exclusiva, ao Mestrado Universitario en Arquitectura, co que se adquiren plenas atribucións profesionais
  • Acceder aos programas de doutoramento, ao superar este grao os 300 ECTS
  • Acceder a oposicións á función pública (técnicos superiores, ensinanza, …)
  • Colaborar nos procesos de deseño arquitectónico
  • Colaborar en procesos de deseño e de planeamento urbanos
  • Colaborar en proxectos de planeamento territorial
  • Xestión do patrimonio arquitectónico
  • Colaborar na intervención no patrimonio arquitectónico
  • Deseño paisaxístico
  • Deseño industrial, de mobiliario, gráfico, de moda, …
  • Interiorismo
  • Procesos de sustentabilidade do medio construido
  • Industria dos materiais e as técnicas da construción
  • Deseño de instalacións

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2015/2016
Data última modificación/verificación ACSUG 27/03/2015
Data publicación autorización DOG 17/06/2015
Data publicación BOE de carácter oficial 21/10/2015
Data publicación plan estudos DOG 02/12/2015
Data publicación plan estudos BOE 09/12/2015