Logo da Universidade da Coruña

Grao en Arquitectura

2015/2016 · 330 créditos

Introdución

Este é un grao en extinción. Queres ser Arquitecto? consulta a nova estrutura das titulacións que che conducen ao exercicio profesional da Arquitectura Grao en Estudos de Arquitectura.

O obxectivo é formar profesionais que:

1. Teñan aptitude para proxectar, redactar proxectos de construción e, dunha maneira mais xeral, investigar, crear e xestionar procesos complexos.

2. Coñezan a historia e as teorías da arquitectura, así como as artes, a tecnoloxía e as ciencias humanas relacionadas co habitar.

3. Coñezan o urbanismo e as súas técnicas de planificación.

4. Comprendan as relacións entre as persoas e os edificios e o seu contorno.

5. Resolvan os problemas da concepción estrutural, da construción e das distintas tecnoloxías vinculadas cos edificios de xeito que estes se doten das condicións de comodidade e protección climática.

6. Saiban satisfacer os requisitos dos usuarios dos edificios en función dos factores orzamentarios, a normativa e as capacidades da industria da construción.

O estudo está en proceso de extinción

Por que estudar a titulación

Este é un grao en extinción. Queres ser Arquitecto? consulta a nova estrutura das titulacións que che conducen ao exercicio profesional da Arquitectura Grao en Estudos de Arquitectura.

Cursar esta titulación proporcionará a aptitude para investigar, crear e xestionar procesos complexos na realización de proxectos arquitectónicos e urbanos.

Proporciona, así mesmo, unha gran carga artística, tecnolóxica, sociolóxica e humanística relacionada co habitar.

Afóndase nos conceptos estruturais, da construción e as distintas tecnoloxías vinculadas co proceso de edificación.

En todos os casos, incídese nos aspectos enerxéticos, de sustentabilidade e de atención á diversidade.

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 30/06/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación plan estudos DOG 12/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/04/2011