Logo da Universidade da Coruña

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

A Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC foi pionera en introducir os itinerarios específicos curriculares no plan de estudos da licenciatura en Educación Física (xunto ao INEFC de Barcelona, 1992). Outra das iniciativas máis significativas e novas foi a elaboración do primeiro plan de estudos da licenciatura en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, sendo o primeiro de España que transformou a anterior licenciatura (homologada á universitaria) na nova (no catálogo de titulacións). A primeira promoción en España desta titulación saíu da UDC no ano 1996. É, pois, unha das primeiras facultades da UDC que se incorporou ao plan experimental de avaliación da calidade, así como de elaborar o seu propio plan estratéxico (2003). A oferta formativa irase ampliando con éxito con diferentes posgraos como o Doutoramento en Educación Física (1993), transformado, ata a actualidade, en Ciencias da Actividade Física e Deporte. Avances e investigación. Participou xunto a 17 universidades europeas no Mestrado Europeo de Educación Física, e impartiu posgraos xunto diferentes universidades nacionais e estranxeiras

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
120

Por que estudar a titulación

A profesión de docente de educación física foi entendida polo Tribunal Constitucional como unha profesión de interese público, con base no dereito constitucional á educación física e ao lecer saudable. Se a cidadanía ten dereito ás prácticas físico-deportivas, e a administración deberá garantir a calidade e seguridade das persoas participantes, un factor de garantía de calidade e seguridade para os consumidores de practicas físico-deportivas constitúeo a formación universitaria do seu persoal técnico responsable. A demanda dos estudos de Ciencias da Actividade Física e do Deporte en España está claramente consolidada. Nas 28 universidades que imparten a licenciatura no ano 2008 rexístrase unha porcentaxe de relación demanda/oferta por riba do 200%, o que garante un futuro optimista da titulación, a pesar do aumento considerable de centros universitarios que imparten o título de Ciencias da Actividade Física e do Deporte.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 22/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 11/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010