Logo da Universidade da Coruña

Grao en Socioloxía

2015/2016 · 240 créditos

Introdución

Por que Socioloxía?

Porque é necesario: o mercado laboral demanda cadros de alta especialización e profesionais capacitados para observaren, avaliaren e diagnosticaren os procesos de desenvolvemento social, tanto en Galicia como noutros territorios.

Porque é exclusivo: É o único existente no noroeste peninsular, o que posibilita un plan de estudos pensado para o conxunto do territorio concentrando esforzos e sinerxías no noso centro.

Porque está consolidado: A nosa é unha facultade xa consolidada e cunha ampla experiencia dentro do sistema universitario que conta con persoal e recursos estables e infraestruturas axeitadas.

Porque ten un volume axustado: As características da titulación e do centro fan que se trate dunha facultade perfectamente dimensionada, sen masificacións e cun axustado número de alumnado, profesorado, departamentos etc., o que facilita unha relación óptima entre todos.

Porque é complementario doutras titulacións: A titulación constitúe un complemento perfecto para outras titulacións das ciencias sociais, e, así, acolle persoas tituladas en Educación Social, Traballo Social, Economía, ADE, Ciencias Políticas etc.

Porque recibe moito estudantado internacional: O número de estudantes do Programa Erasmus que elixen o noso centro para realizaren os seus estudos vén aumentando nos últimos anos, o que nos levou a converternos nun dos principais destinos dentro do sistema univesitario galego

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

QUE CHE OFRECEMOS?

Unha formación personalizada e de calidade.

Un centro moderno e cun alto nivel tecnolóxico.

Un ambiente de traballo próximo e agradable.

Unha cidade acolledora con múltiples posibilidades.

Unha carreira actual e con gran proxección de futuro.

Folla de ruta

Curso de comezo 2008/2009
Data última modificación/verificación ACSUG 06/05/2008
Data autorización Consello Xunta 17/07/2008
Data publicación autorización DOG 30/07/2008
Data publicación BOE de carácter oficial 26/09/2008
Data publicación plan estudos DOG 07/04/2009
Data publicación plan estudos BOE 07/04/2009