Logo da Universidade da Coruña

Grao en Enxeñaría Informática

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

O título de Graduado/a en Enxeñaría Informática pola UDC propón a integración de todas as especialidades existentes en España, e é o único título en Galicia que asegura unha cobertura de todas as competencias que poden adquirirse hoxe en día no ámbito da Enxeñaría Informática: o estudante poderá elixir no 3º curso entre as especialidades de Computación, Enxeñaría de Computadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías da Información e Enxeñaría do Software.

Máis información nesta presentación.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.463€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
240

Por que estudar a titulación

A Enxeñaría Informática é un traballo apaixonante:

  • Fomenta a innovación nas demais ramas da ciencia: proxecto do xenoma humano, técnicas para detección precoz do cancro, protección ambiental...
  • É parte de practicamente todo o que nos rodea: ofrece moitas oportunidades en contextos diversos.
  • Posibilidade de traballar en proxectos multidisciplinares: en contra de estereotipos, é importante ter boas habilidades sociais.
  • Imposible predicir "que será o seguinte". Este futuro tan aberto fai o noso traballo moi estimulante.

... e ten un futuro prometedor:

  • O traballo de informático está entre os mellor pagos e entre os que xeran unha maior satisfacción.
  • O número de ofertas de traballo no campo da informática segue crecendo: as expectativas ata 2014 estiman que será o campo con maior potencial de xeración de novos postos de traballo.

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 23/07/2012
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 14/07/2011
Data publicación plan estudos DOG 17/11/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/11/2011