Logo da Universidade da Coruña

Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios ofrece a formación que precisan os profesionais da lingua inglesa e das literaturas e culturas anglófonas.

Proporciona o dominio da lingua inglesa e unha ampla perspectiva das literaturas en inglés e das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas ista lingua.

Ademais, permite a adquisición de coñecementos avanzados das linguas e literaturas española e galega, así como o coñecemento práctico doutras linguas (francés, italiano, portugués).

·

Titulación oficial de grao, de 240 créditos cursados en 4 cursos, publicada no BOE de 5/1/2010 e verificada. Sistema de garantía de calidade acreditado pola ACSUG no programa Fides-Audit.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
100

Por que estudar a titulación

  • Sólida formación en lingua, literaturas e culturas anglófonas.
  • Mobilidade internacional con máis de 50 destinos.
  • Prácticas en empresas e institucións da contorna.
  • Grupos reducidos e ensino personalizado.
  • Currículo personalizado: 40 materias optativas (cinema, filosofía...).
  • Formación suplementaria en francés, italiano ou portugués.
  • Clases prácticas de todas as linguas con profesorado nativo.
  • Coñecemento profesional da lingua.
  • Profesorado con acreditacións docentes e investigadoras.
  • Posibilidade de titulación dual coa Univ. of South Wales (Reino Unido).
  • Posibilidade dun segundo grao (Español ou Galego e Portugués) en só dous anos adicionais.
  • Materiais de apoio no campus virtual.

     Folleto informativo

    Folla de ruta

    Curso de comezo 2009/2010
    Data última modificación/verificación ACSUG 26/06/2009
    Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
    Data publicación autorización DOG 16/09/2009
    Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
    Data publicación plan estudos DOG 14/05/2010
    Data publicación plan estudos BOE 28/04/2010