Logo da Universidade da Coruña

Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios, aprobado no BOE do día 5 de xaneiro de 2010, ofrece unha sólida formación en lingua, literatura e cultura para o ámbito español e hispanoamericano a través das diferentes materias que o integran e dos 240 créditos que debe cursar o seu alumnado.

Tamén proporciona unha ampla perspectiva das correntes lingüísticas e da ciencia literaria aplicadas ao español. Alén disto, facilita a adquisición de coñecementos avanzados das linguas e literaturas galega e inglesa, ben como o coñecemento práctico doutros idiomas que escolle o propio alumnado (francés, italiano, portugués).

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.034€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
40

Por que estudar a titulación

A titulación ofrece unha formación actualizada e rigorosa no marco do sistema universitario galego. Así, céntrase no dominio lingüístico do español, dos países de lingua española, nuns tempos en que algúns estados suramericanos están a adquirir unha gran relevancia internacional.

Para a consecución de todos estes obxectivos, combina os necesarios coñecementos lingüísticos, literarios e culturais co manexo das ferramentas derivadas das novas tecnoloxías. Igualmente, ofrece a posibilidade de completar esta formación en prestixiosas universidades estranxeiras con que existen convenios subscritos, e de coñecer desta maneira outras culturas e xentes no seu propio país. Así, o estudantado, ao concluír o grao, está nunhas condicións óptimas para aplicar as experiencias e os coñecementos adquiridos ao mundo laboral ou á continuación dos seus estudos superiores.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 28/08/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 14/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010