Logo da Universidade da Coruña

Grao en Economía

2015/2016 · 240 créditos

Introdución

O grao en Economía impartido na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña proporciona ao alumnado unha sólida formación para a comprensión do funcionamento do sistema económico xeral. Os estudos están principalmente orientados á análise económica da realidade xeral e empresarial e á elaboración de políticas que contribúan á mellora do nivel de vida do conxunto da sociedade

O plan de estudos combina materias básicas, obrigatorias e optativas até acadar os 240 ECTS nos ámbitos das técnicas instrumentais (matemáticas, estatística, econometría etc.), formación económica (teoria micro e macroeconómica, estrutura económica, política económica, historia económica, economía industrial, mercados, espazos económicos, Facenda pública e fiscalidade etc.), formación xurídica e social (dereito, socioloxía, etc.) e formación empresarial (economía da empresa). O plan de estudos inclúe a realización de prácticas en empresas e un traballo de fin de grao.

Finalmente, nun contexto internacional, os alumnos que acrediten nivel de inglés (B2) poderán cursar voluntariamente un 40% dos créditos da titulación en lingua inglesa.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 11 de marzo de 2015.

Por que estudar a titulación

Os principais motivos para cursar esta titulación son:

  • Formación de calidade no funcionamento xeral da economía e no papel dos diferentes axentes que nela participan con especial orientación á análise do contorno e á definición de políticas .
  • Carácter polivalente dos estudos para favorecer a inserción laboral dos graduados.
  • Profesorado con cualificación contrastada e clara orientación ao alumnado.
  • Aplicación plena das metodoloxías implantadas no Espazo Europeo de Educación Superior (Boloña).
  • Posibilidade de realización de prácticas en empresas, administracións e institucións con recoñecemento académico.
  • Posibilidade de cursar materias en universidades europeas e latinoamericanas a través de convenios Erasmus e bilateriais.
  • Posibilidade de cursar en inglés o 40% dos créditos da titulación.
  • Posibilidade de continuar estudos de posgrao a través dos mestrados universitarios impartidos na facultade e no programa de doutoramento.
Visita a páxina da nosa facultade:

Facultade de Economía e Empresa

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 11/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010