Logo da Universidade da Coruña

Grao en Bioloxía

2016/2017 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Bioloxía ten como obxectivo fundamental que o estudantado adquira os coñecementos que debe ter un biólogo para alcanzar unhas competencias profesionais que permita aos titulados desenvolveren a actividade profesional do biólogo descrita no Estatuto dos Colexios Oficiais de Biólogos, Real decreto 693/1996 (BOE, do 23 de maio de 1996) e o Real decreto 1754/1998 (BOE, do 7 de agosto de 1998).

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

Por que estudar a titulación

A bioloxía é unha ciencia que, desde distintas perspectivas e niveis de complexidade, pretende comprender a vida en todas as súas facetas. Desde o estudo a nivel molecular ata a análise dos ecosistemas, todas as aproximacións ao estudo do fenómeno vital son igualmente importantes e necesarias para a formación do biólogo.

O título de graduado/a en Bioloxía debe proporcionar adecuados coñecementos de morfoloxía, sistemática, estrutura, función e interacción dos seres vivos, así como dos métodos de análises relacionadas con estes, tanto desde o punto de vista docente e investigador, como da utilización aplicada destes coñecementos.

Os titulados en Bioloxía responden a unha ampla gama de necesidades socioeconómicas e culturais da sociedade actual, pois a bioloxía é un elemento clave no desenvolvemento dunha sociedade e unha economía sustentable e do coñecemento. Á actividade docente únese na actualidade á divulgación do coñecemento científico

ciencias.udc.es/grao-en-bioloxia.

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 06/05/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 09/06/2010
Data publicación plan estudos BOE 29/05/2010