Logo da Universidade da Coruña

Grao en Química

2017/2018 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Química ten como obxectivo fundamental que os estudantes acaden os coñecementos e as competencias profesionais polos que se rexen os colexios profesionais de químicos (Decreto do 9 de marzo de 1951; Orde do 10 de xaneiro de 1952 e Orde do 9 de decembro de 1961; Lei 2/1974, do 13 de febreiro; Lei 7/1997, do 14 de abril; Real decreto lei 6/2000, do 23 de xuño; e Real decreto 3428/2000, do 15 de decembro), o que lles permitirá aos titulados desenvolver o labor profesional de químicos.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 03 de xuño de 2015.

Por que estudar a titulación

A química é unha ciencia ampla, que trata as propiedades, os cambios e reaccións de todo tipo de compostos e materiais: inorgánicos, orgánicos e biolóxicos. Ao longo do tempo, evolucionou até se converter nunha ciencia central, que abrangue desde o mundo dos átomos e moléculas até o ámbito dos materiais que utilizamos.

O futuro da química non fixo senón comezar, tendo en conta as súas infinitas posibilidades de desenvolvemento, que esixen a continua aparición de novas especialidades. Ademais, ten unha participación central no progreso e o benestar de que gozamos, co desenvolvemento de novos produtos e tecnoloxías que inciden en todos os campos da sociedade; xa que logo, é un dos piares da capacidade competitiva dun país.

A química tamén xoga un papel fundamental na protección da saúde e do medio, na mellora das condicións hixiénicas e sanitarias, na obtención de máis e mellores alimentos, e na fabricación de novos materiais para acrecentar a nosa calidade de vida.

ciencias.udc.es/grao-quimica.

 Folleto informativo

Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 06/05/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 18/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010