Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2025/2026

Introdución

Este Programa de Doutoramento está organizado pola Universidade da Coruña. O Programa está dirixido cara á investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) en tres grandes ámbitos temáticos: as ciencias da Documentación, as ciencias da Comunicación e as Humanidades.

Todo iso dentro do contexto de ofrecer novas perspectivas, que certamente están xurcadas polos sucesivos desenvolvementos no campo das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) e polo cambio do modelo produtivo cara a modelos de economía do coñecemento e economía sustenible. Téñense, ademais, moi presentes as posibilidades abertas polo Campus Industrial da Universidade da Coruña (o Campus de Ferrol), que se consideran de gran interese para o Programa de Doutoramento, e a capacidade de incorporar progresivamente novos ámbitos de coñecemento presentes na UDC.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
20

Por que estudar a titulación

Dentro do marco dos obxectivos científicos xerais, o Programa de Doutoramento "Novas perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades" ten entre as metas principais as seguintes:

I) afondar de modo exhaustivo e sistemático no coñecemento do estado da cuestión nun ou varios ámbitos temáticos abordados (isto é, disciplinariedade e multidisciplinariedade);

II) propiciar sinerxias e transferencia de coñecemento entre ámbitos disciplinares diversos, para propiciar a interdisciplinariedade e, se é o caso, a transdisciplinariedade; e

III) activar nos estudantes as capacidades necesarias, tanto procedementais como metodolóxicas (e, se é o caso, técnicas) encamiñadas a facer posible a realización, a presentación e defensa dunha Tesis Doutoral en que se plasme a obtención de novo coñecemento (básico ou aplicado) sobre un ou varios ámbitos temáticos presentados.

Os ámbitos temáticos considerados como liñas de investigación son tres: 1) Ciencias da Documentación (Information Science), 2) Ciencias da Comunicación (coas súas diversas ramas, como Periodismo ou Comunicación Audiovisual) e 3) Humanidades (principalmente, Filosofía e Historia). Paralelamente, nestas tres liñas de investigación