Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2018/2019

Introdución

Este novo Programa de Doutoramento está organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración de profesores da Universidad Complutense de Madrid. O Programa está dirixido hacia a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) en tres grandes ámbitos temáticos: as Ciencias da Documentación, as Ciencias da Comunicación e as Humanidades. Tense especialmente presente no Programa de Doutoramento a contribución de Internet e os desenvolvementos no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs), que inciden nas perspectivas dos tres grandes campos temáticos do Programa. Á súa vez, para os doutorandos que desexen especializarse nunha serie de líñas de investigación do Programa, cabe a posibilidade de realizar estancias no Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía, dentro do Campus Industrial, situado en Ferrol.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prazas ofertadas para o curso 2018/2019
20

Por que estudar a titulación

Obxectivo principal: A elaboración da Tese de Doutoramento Os estudantes poden alcanzar as capacidades necesarias, tanto metodolóxicas como de técnicas procedimentais, para facer posible a realización, presentación e defensa dunha Tese de Doutoramento na que se plasme a obtención do novo coñecemento (básico, aplicado ou de aplicación efectiva) en un ou en varios dos ámbitos temáticos presentados: as Ciencias da Documentación (Information Science), as Ciencias da Comunicación ou as Humanidades (principalmente, Filosofía e Historia).