Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial

2016/2017

Introdución

O Programa Oficial de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, interuniversitario, responde á intención de integrar nun mesmo programa de doutoramento os/as investigadores/as das distintas áreas de economía e de empresa das facultades de ciencias económicas e empresariais das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo que realizaren unha investigación de calidade contrastada polas súas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
12

Por que estudar a titulación

O obxectivo deste programa é formar investigadores/as con posibilidades de publicaren os seus traballos en revistas académicas presentes no Journal of Citation Report (JCR). Consecuentemente, búscase formar estudantes que sexan capaces de manexar con soltura modelos teóricos e teñan as destrezas necesarias para usar as técnicas econométricas que lles permitan obter unha información contrastable dos datos económicos empíricos, para desenvolveren unha carreira académica ou profesional.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo
  • Universidade de Santiago de Compostela

Folla de ruta

Curso de comezo 2014-2015
Data última modificación/verificación ACSUG 22/07/2014