Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas

2016/2017

Introdución

O programa de doutoramento en Métodos Matemáticos e Simulación Numérica en Enxeñaría e Ciencias Aplicadas é un título universitario oficial, impartido conxuntamente polas tres universidades galegas, que forma investigadores no ámbito do modelado matemáticos e resolución numéricas de problemas que xorden en distintos ámbitos industriais e empresariais. Ademais dos doutores participantes das tres universidades, conta coa colaboración mediante convenio de 27 empresas e centros tecnolóxicos, que propoñen temas de investigación de gran relevancia e actualidade.

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
7

Por que estudar a titulación

Na actualidade, coa rápida evolución da enxeñaría e as ciencias aplicadas, ponse de manifesto a necesidade de formar especialistas a nivel de doutorado no modelado e a simulación numérica de procesos que proveñen do ámbito industrial ou empresarial, de maneira que se impulse dende a universidade a transferencia de coñecemento e a incorporación de doutores aos departamentos de I+D+i. Estes doutores terán unha formación en modelado matemático e simulación encamiñada a optimizar procesos, diminuír custos, mellorar a calidade dos produtos, deseñar tecnoloxías, aumentar a seguridade, diminuír a contaminación ambiental, valorar produtos, investimentos e riscos financeiros, etc.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • CORUÑA
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 31/01/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014