Programa Oficial de Doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura

2023/2024

Introdución

O programa de doutoramento en Estudos Ingleses Avanzados: Lingüística, Literatura e Cultura é un título interuniversitario no que participan as tres universidades galegas (Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo) e que nace a partires de programas previos con diversos recoñecementos oficiais (Mención de Calidade e Recoñecemento hacia á Excelencia). Foi avaliado positivamente polo MEC 5600811; data 22/07/2013), pola ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia) e pola Agencia Nacional de la Evaluación y la Acreditación de la Calidad (ANECA) para a educación superior. O programa forma investigadores en diversos eidos dentro dos estudos ingleses, dende a literatura e os estudos culturais á lingüística.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 24 de maio de 2021.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
14

Por que estudar a titulación

Porque o coñecemento especializado na lingüística, as literaturas e as culturas anglófonas é un elemento vital no momento histórico global e intercultural da sociedade actual. Porque as destrezas de comunicación, de organización e presentación ordeada da información adquiridas na formación previa, alcanzarán coa formación e experiencia investigadora deste programa cotas avanzadas de especialización. Porque o programa ofrece a posibilidade de realizar parte dos seus estudos noutro centro dentro do marco de mobilidade Erasmus, engadindo deste modo tamén outra visión particular á experiencia intercultural de cada estudante.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 22/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014