Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Enerxía e Propulsion Mariña

2016/2017

Introdución

O programa de doutoramento interuniversitario en Enerxía e Propulsión Mariña, está orientado á consecución de capacidades investigadoras no campo da Enxeñaría Enerxética e desenvolver métodos, procedementos, equipos ou sistemas, así como as tecnoloxías emerxentes de interese na industria, facendo máis competitivo o sector productivo naval e industrial en xeral.

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
6

Por que estudar a titulación

A Enxeñaría enerxética é un sector de vital importancia en ámbitos como a economía, a actividade marítima e industrial, investigación, etc., e á que están vinculadas as empresas máis competitivas, rendibles e avanzadas tecnicamente. Tendo en conta estes antecedentes, o programa de doutorado en Enerxía e Propulsión Mariña responde á demanda de máxima formación para a investigación, desenvolvemento e innovación no ámbito enerxético. Os obxectivos xerais deste Programa de Doutorado son, fundamental e especificamente, a formación avanzada para desenvolver tarefas de análise e síntese de problemas teórico-prácticos da enxeñaría, de cara á adquisición da capacidade de innovar e implementar métodos, técnicas e tecnoloxías emerxentes máis eficientes, relacionadas coa enerxética. Para iso cóntase coa coordinación departamentos das Universidades da Coruña, Salamanca e Porto, e coa colaboración de investigadores de universidades españolas e europeas.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • CORUÑA
  • Universidad de Salamanca

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014