Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Enxeñaría Civil

2017/2018

Introdución

O Programa de Doutoramento "Enxeñaría Civil" está organizado pola E. T. S. E. de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña e nel participan os departamentos de Métodos Matemáticos e de Representación e Tecnoloxía da Construción. Sustitúe ao programa do mesmo nome rexido polo RD 1393/2007, que foi distinguido coa mención cara á excelencia pola Secretaría Xeral de Universidades, na súa resolución do 6 de outubro de 2011. A ETSECCP da UDC é o único centro do sistema universitario da comunidade autónoma de Galicia no que se imparten estudos de máster no ámbito da Enxeñaría Civil. O actual programa de doutoramento en Enxeñaría Civil tamén é único no seu ámbito no sistema universitario da comunidade autónoma de Galicia.

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
20

Por que estudar a titulación

A Enxeñaría Civil é un dos sectores máis importantes da nosa economía, no que multinacionais con capital e cadros dirixentes procedentes do noso país se contan entre as empresas máis competitivas, rendibles e avanzadas tecnicamente e tecnoloxicamente do mundo. Esta posición privilexiada débese tanto á formación tradicionalmente impartida nas grandes Escolas de Enxeñaría como á aposta permanente dos enxeñeiros pola investigación, o desenvolvemento e a innovación ao máximo nivel. Como é sabido, as grandes obras de enxeñaría civil son extremadamente complexas e teñen presupostos moi importantes, polo que a inversión en investigación neste ámbito ten un retorno moi elevado en termos de rendibilidade e de capacidade para abordar retos máis ambiciosos. A investigación, o desenvolvemento e a innovación ao máximo nivel en Enxeñaría Civil confórmanse, por tanto, como liñas prioritarias de actuación no momento presente.

 Web propia do programa

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014