Programa Oficial de Doutoramento en Dereito

2023/2024

Introdución

O Programa de Doutoramento en Dereito é un título universitario oficial que abarca a formación en investigación xurídica e social

O seu obxectivo é formar en competencias metodolóxicas e instrumentais para desenvolver proxectos de investigación en ciencias xurídicas e sociais:

  • a)Formar xuristas-investigadores capaces de emprenderen, dirixiren, participaren e coordinaren investigacións que propoñan solucións ás distintas problemáticas de orde xurídica xurdidas pola realidade galega, nacional e internacional.
  • b)Permitir a especialización do doutorando na súa formación investigadora dentro do ámbito de coñecemento xurídico científico.
  • c)Preparar equipos de investigación xurídica para xestionar e asumir o liderado académico na súa práctica profesional ou docente, mediante a aplicación de métodos e técnicas de investigación nas ciencias xurídicas.
  • d)Propiciar metodoloxicamente a formación do futuro profesorado universitario dando así resposta ás necesidades formativas e científicas do sistema universitario.
  • e)Fomentar a creación de redes internacionais de investigación e abordar a investigación xurídica desde unha perspectiva interdisciplinar que permita dotar dunha formación integral no campo da investigación xurídica

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 1 de marzo de 2022.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
15

Por que estudar a titulación

Os estudos de doutoramento impartidos pola Facultade de Dereito UDC non só permitiron elevar ao máximo nivel os coñecementos xurídicos dos máis diversos profesionais do Dereito (maxistrados, xuíces, avogados, procuradores, asesores de empresa, funcionarios da Administración pública etc.), e contribuír así a mellorar o exercicio das súas respectivas profesións, senón que tamén proporcionaron a formación académica, científica e investigadora dunha grande parte das persoas que na actualidade son profesorado na Facultade de Dereito UDC. Ademais, hai que ter en conta que, tras a posta en marcha do programa de doutoramento en Dereito pola UDC segundo o RD 1393/2007, os estudos nos mestrados en Estudos da Unión Europea (MUE) e en Asesoramento Xurídico Empresarial (MAXE) convertéronse na antesala dos estudos de doutoramento, contribuíndo moi intensamente a completar o período de formación investigadora que precisan os futuros doutores en Dereito.

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 31/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014