Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Arquitectura e Urbanismo

2016/2017

Introdución

O programa oficial de doutoramento en “Arquitectura e Urbanismo” está organizado pola Universidade da Coruña. Ao tratarse dunha titulación única no Sistema Universitario de Galicia preténdese que recolla as actividades investigadoras nestas disciplinas na Comunidade Autónoma de Galicia, pero sen renunciar á súa expansión a nivel nacional e internacional.

O programa está dirixido a formar doutorandos nas distintas disciplinas da Arquitectura e do Urbanismo. Como se trata de dar resposta a investigacións con ámbitos moi diferentes, o programa dispón de sete liñas de investigación que responden ás áreas de coñecemento propias da arquitectura e do urbanismo e que forman ao alumnado nos coñecementos de grao e máster. Estas liñas de investigación son:

  • Espazo e Proxecto en Arquitectura (Proxectos arquitectónicos)
  • Estruturas en Arquitectura (Mecánica de medios continuos e Teoría de estruturas)
  • Xénese, Linguaxe e Representación da Arquitectura (Expresión gráfica arquitectónica)
  • Matemáticas aplicadas á Mecánica de Medios Continuos (Matemáticas aplicadas)
  • Patrimonio, Teoría e Historia da Arquitectura (Composición arquitectónica)
  • Plans e Proxectos. Do Territorio á Paisaxe e a Cidade (Urbanística e Ordenación do
  • Territorio)
  • Rehabilitación, Novos Sistemas Construtivos e Sostibilidade en Arquitectura (Construcións arquitectónicas)

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
30

Por que estudar a titulación

O obxecto deste programa é permitir ao alumnado que o elixa alcanzar as capacidades necesarias para realizar unha tese de doutoramento. Isto inclúe tanto aspectos metodolóxicos como técnicas concretas que permitan o desenvolvemento dunha investigación orixinal e co suficiente nivel como para poder ser presentada e defendida.

O obxectivo principal da arquitectura é, e seguramente será sempre, a creación dunha obra que permaneza fundamentalmente polos seus valores artísticos. A arquitectura é unha das Belas Artes e por iso a creación e o proceso de creación son esenciais. Pero ao tempo a arquitectura non é unha arte inmaterial senón que ten que estar sustentada por unha serie de elementos materiais cunhas propiedades moi concretas que inciden de forma ineludible no proceso de deseño. Por iso a investigación en sentido amplo é un proceso que está en todo feito arquitectónico. E é necesario investigar sobre as formas, funcións, materiais, procesos, sistemas construtivos, estructurais ou de instalacións, ciencias básicas, etc. Tamén nos aspectos da historia da arquitectura, tanto para o seu coñecemento, como para guiar posibles intervencións.

Ademais a arquitectura está ineludiblemente ligada ao sector da construción da maior relevancia na actividade económica do país. Por iso a investigación, desenvolvemento e innovación neste campo, ten a máxima importancia e constitúe un reto e unha oportunidade profesional para os nosos egresados.

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data última modificación/verificación ACSUG 24/07/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014