Logo da Universidade da Coruña

Programa Oficial de Doutoramento en Nanomedicina

2017/2018

Introdución

A nanomedicina é unha área emerxente de grande importancia estratéxica que se agarda xogue un papel relevante no desenvolvemento, deseño e fabricación de novos equipos e materiais para o diagnóstico, tratamento e prevención de doenzas.

Neste contexto este programa de doutoramento de recente implantación (que é un título interuniversitario oficial no que participan a Universidades da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo) enfatiza a necesidade dunha abordaxe multidisciplinar da nanomedicina.

Para iso as tres universidades galegas, coordinadas pola Universidade de Santiago, suman forzas co Instituto Ibérico de Nanotecnoloxía sito en Braga, centro de referencia europeo en nanotecnoloxía e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, centro de referencia de Galicia en diagnóstico xenético, que tamén participan neste programa.

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
3

Por que estudar a titulación

Este programa proporciona formación específica e interdisciplinar no eido da nanomedicina, novo campo de enorme potencial dedicado á posible aplicación da nanociencia e da nanotecnoloxía ao tratamento e mellora de problemas de saúde (enfermedades inflamatorias, infecciosas, cardiovasculares, cancro etc) na procura de solucións novas e efectivas, por exemplo, na diagnose temperá, desenvolvemento de tratamentos intelixentes ou mecanismos de auto-rexeneración.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013-2014
Data publicación autorización DOG 31/01/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2014