Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Xerontoloxía

2017/2018 · 90 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Xerontoloxía (MIX), organizado de xeito conxunto polas universidades da Coruña (UDC) e Santiago de Compostela (USC), presenta dúas especialidades:

  • Social, ofrecida pola USC a través da súa Escola Universitaria de Enfermaría (EUE).Coordinador Manuel Gandoy Crego
  • Clínica, ofrecida pola UDC a través da súa Facultade de Ciencias da Saúde (FCS). Coordinador José Carlos Millán Calenti

Conta cunha carga lectiva de 90 créditos ECTS, e o número de prazas está establecido en 40 por cada unha das universidades organizadoras.

A coordinación dependerá os anos pares da UDC e os impares da USC

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
40

Por que estudar a titulación

Este mestrado enfócase como un título de posgrao de grande utilidade para todos os universitarios que desexen traballar no campo da xerontoloxía clínica ou social, en particular titulados das Ciencias da Saúde (medicina, enfermaría, terapia ocupacional, logopedia, psicoloxía...) e as Ciencias Sociais (traballo social, relacións laborais, psicopedagoxía, socioloxía...), tanto desde un punto de vista profesional como académico e investigador vía realización dunha tese de doutoramento.

Formúlase como un título de formación especializada e multidisciplinar avalada polo nivel dos docentes implicados, na súa maioría doutores de diferentes campos da atención sociosanitaria ás persoas maiores.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • CORUÑA
  • Universidade de Santiago de Compostela

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 03/03/2009
Data autorización Consello Xunta 08/02/2011
Data publicación autorización DOG 08/02/2011
Data publicación BOE de carácter oficial 11/05/2011