Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Acuicultura

2017/2018 · 90 créditos

Introdución

Este mestrado foi deseñado para proporcionar ao estudante unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesonalizante en acuicultura. Ofrecerá ao estudante os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e responder ás necesidades de I I+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

A acuicultura é un sector estratéxico de desenvolvemento económico para Galicia que precisa día a día dun maior número de recursos humanos de alto nivel de capacitación. Xa existen organismos como o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) que nutren o mercado laboral de excelentes técnicos en acuicultura en distintos graos, pero tanto a industria como a administración precisa de titulados superiores que poidan sobre todo incorporarse tanto nas empresas como en distintas institucións públicas (centros tecnolóxicos, de investigación, universidades, etc.) para realizar tareas de I+D+i en Acuicultura.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2011/2012
Data última modificación/verificación ACSUG 03/03/2009
Data autorización Consello Xunta 08/02/2011
Data publicación autorización DOG 28/03/2008
Data publicación BOE de carácter oficial 29/11/2012
Data publicación plan estudos DOG 21/12/2012
Data publicación plan estudos BOE 13/01/2012