Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña

2017/2018 · 90 créditos

Introdución

Este mestrado ten como obxectivo formar profesionais en tarefas relacionadas coa bioloxía mariña e mellorar a formación daquelas persoas xa implicados nestas actividades. Trátase de adestrar persoal investigador para a súa incorporación en centros de investigación científica en bioloxía mariña ou equipos de investigación de organismos públicos, privados e corporativos.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
10

Por que estudar a titulación

O biólogo mariño está ao cargo de moitas tarefas nos ámbitos pesqueiro e da acuicultura. Por exemplo, traballan avaliando/seguindo poboacións de especies comerciais para a administración, como consultores para empresas privadas e ONGs, analizando información de sistemas de sensores remotos, ou como investigadores. O traballo de investigación pode ter varias aplicacións ademais do avance do noso coñecemento sobre o funcionamento dos ecosistemas mariños. Por exemplo, a investigación mariña pode centrarse no control da calidade ambiental do reino mariño ou en desenvolver novos recursos biolóxicos.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2011/2012
Data última modificación/verificación ACSUG 26/07/2011
Data autorización Consello Xunta 15/11/2011
Data publicación autorización DOG 03/01/2012
Data publicación BOE de carácter oficial 26/03/2012
Data publicación plan estudos DOG 21/05/2012
Data publicación plan estudos BOE 28/05/2012