Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada

2016/2017 · 90 créditos

Introdución

A biotecnoloxía actual inclúe un conxunto de técnicas e tecnoloxías moi sofisticadas, que están a substituír ás metodoloxías clásicas, favorecendo resultados máis inmediatos e permitindo abordar novos retos impensables ata hai poucas décadas. Hoxe en día requírense profesionais altamente cualificados para poder afrontar os novos retos ante os que se enfronta este sector biotecnolóxico, tanto no ámbito empresarial como no investigador. É por iso, que o obxectivo deste mestrado é duplo:

-Profesionalizante: Formar os alumnos que pretendan dedicarse profesionalmente á industria biotecnolóxica e/ou actualizar os coñecementos, e mellorar a formación dos profesionais xa dedicados a esta actividade.

-Académico-investigador: Formar os alumnos que pretendan incorporarse en centros científicos de investigación en biotecnoloxía dos equipos de investigación de organismos públicos, privados e empresas.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.293€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
15

Por que estudar a titulación

En España produciuse nos últimos anos un grande aumento do esforzo dedicado á investigación en biotecnoloxía, o que permitiu a xeración de coñecemento e a adquisición de experiencia, ata o punto de favorecer o caldo de cultivo capaz de sustentar a creación de empresas de base biotecnolóxica tanto no sector da alimentación, no ambiental como no da saúde. A biotecnoloxía en España non é unha potencialidade, senón unha realidade que afecta de modo crecente a múltiples aspectos da nosa vida e a nosa economía.

O desenvolvemento futuro da biotecnoloxía como unha actividade científica, tecnolóxica e industrial require a incorporación de profesionais cunha sólida formación científica e con coñecementos do mundo empresarial e da súa contorna socioeconómica.

A presente proposta de Mestrado na súa dupla orientación (profesional e académico-investigadora) tenta responder ao obxectivo de ofrecer formación de calidade para os futuros profesionais da biotecnoloxía. Por ese motivo, se tes interese polo apaixonante mundo da biotecnoloxía en calquera das súas facetas este mestrado proporcionarache unha base sólida para te enfrontares ao mundo profesional e/ou académico-investigador.

Máis información en:mestrado en biotecnoloxía avanzada.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2010/2011
Data última modificación/verificación ACSUG 30/06/2010
Data autorización Consello Xunta 11/11/2010
Data publicación autorización DOG 17/11/2010
Data publicación BOE de carácter oficial 16/03/2011
Data publicación plan estudos DOG 15/05/2012
Data publicación plan estudos BOE 28/05/2012