Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Dirección integrada de proxectos

2017/2018

Introdución

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 30 de abril de 2015.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.481€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
20

Por que estudar a titulación

As funcións de management constituen unha das novas perspectivas de futuro, tanto para o sector productivo como o de servizos. A preparación e formación axeitada dos directivos, a través de técnicas de xestión de proxectos e a súa implantación, son factores chave no progreso, camiñando cara a unha mellora da competitividade das empresas e da calidade dos produtos e servizos.

O Project Manager deberá impulsar e dirixir o proxecto desde unha perspectiva de globalidade, levando a cabo os procesos de inicio, planificación, execución, seguimento, e peche de todo o proxecto. Deberá, por tanto, liderar e conducir as operacións cara á consecución do alcance do proxecto, dentro do tempo, do custo e da calidade acordados.

A formación que se desenvolve a través do Mestrado en Dirección Integrada de Proxectos enmárcase dentro deste modelo e pretende completar a formación dos profesionais que actúan de xeito parcial no proxecto, realizando as súas funcións dentro dalgúns dos procesos que compoñen o proxecto.

Co programa do Mestrado DIP pretendemos atender da maneira máis axeitada unha demanda profesional específica, exclusiva para profesionais de sectores estratéxicos, e adaptada ás características socioeconómicas da nosa contorna.

O Mestrado en Dirección Integrada de Proxectos está orientado a profesionais vencellados á construción, ás novas tecnoloxías e ao deporte que queiran adquirir unha formación de xestión ligada á súa formación base.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data autorización Consello Xunta 13/03/2008
Data publicación BOE de carácter oficial 25/11/2011
Data publicación plan estudos BOE 18/01/2012