Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital

2023/2024 · 90 créditos

Introdución

O Máster en Patrimonio Digital Cultural aspira a formar expertos na construción, xestión e difusión do patrimonio dixital. Combina coñecementos humanísticos e tecnolóxicos para formar profesionais na xestión de patrimonio dixital en todos os seus ámbitos.

É un máster de 90 créditos, distribuídos en dous cursos. O primeiro curso inclúe materias obrigatorias de formación básica, e materias optativas para facilitar ao alumnado a orientación dos estudos a áreas determinadas. O segundo curso inclúe prácticas externas en empresas ou institucións, de carácter obrigatorio, e a realización do traballo de fin de máster.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
12

Por que estudar a titulación

O máster ten carácter multidisciplinar, e proporciona formación que combina coñecementos fundamentais de xestión e conservación do patrimonio cultural, formación especializada na xestión dixital de patrimonio en diferentes ámbitos, e formación complementaria en tecnoloxías para a dixitalización ou xestión dixital do patrimonio.

De xeito particular, o máster ofrece aos estudantes:

  • Ampliar a formación nunha contorna multidisciplinar, profundando nas capacidades para a xestión de patrimonio en diferentes ámbitos e introducindo capacidades e tecnoloxías para a xestión dixital do patrimonio.
  • Oferta de materias optativas que permiten persoalizar e configurar os estudos. En particular, ofrécese materias especializadas na xestión dixital de patrimonio documental, audiovisual, arqueolóxico, inmaterial, xeográfico, etc. e materias especializadas no uso e aplicación ao patrimonio cultural de tecnoloxías para a captura de realidade, virtualización, sistemas de información xeográfica, etc.
  • Realización de prácticas curriculares no segundo curso, en empresas ou institucións.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela

Folla de ruta

Curso de comezo 2023/2024
Data última modificación/verificación ACSUG 26/05/2023
Data autorización Consello Xunta 01/08/2023
Data publicación autorización DOG 11/08/2023
Data publicación BOE de carácter oficial 30/10/2023