Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético

2016/2017 · 72 créditos

Introdución

O Mestrado é de carácter internacional e ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança - Portugal.

Os estudos pódense realizar nun único curso académico e a distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:

  • 30 ECTS - 5 Materias obrigatorias.
  • 24 ECTS - 8 Materias optativas.
  • 6 ECTS - Prácticas en empresas.
  • 12 ECTS - Traballo Fin de Mestrado.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.293€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
40

Por que estudar a titulación

O obxectivo fundamental do Mestrado é a formación de titulados especializados dentro do ámbito da eficiencia enerxética, tratando de responder as esixencias que se producirán no mercado laboral como consecuencia do desenvolvemento do marco normativo relativo á eficiencia enerxética dos edificios.

O 13 de febreiro publicouse o Real Decreto 56/2016, polo que se traspón a Directiva 2012/27/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 25 de outubro de 2012, relativa á eficiencia enerxética, no referente a auditorías enerxéticas, acreditación de provedores de servizos e auditores enerxéticos, e promoción da eficiencia da subministración de enerxía.

A finalidade deste real decreto é o impulso e a promoción dun conxunto de actuacións a realizar dentro dos procesos de consumo enerxético que poidan contribuír ao aforro e a eficiencia da enerxía primaria consumida, así como a optimizar a demanda enerxética da instalación, equipos ou sistemas consumidores de enerxía, ademais de dispor dun número suficiente de profesionais competentes e fiables a fin de asegurar a aplicación efectiva e oportuna da citada Directiva.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2016/2017
Data última modificación/verificación ACSUG 16/03/2016
Data autorización Consello Xunta 28/07/2016
Data publicación autorización DOG 13/07/2016
Data publicación BOE de carácter oficial 26/10/2016