Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Bioinformática para Ciencias da Saúde

2016/2017 · 90 créditos

Introdución

O máster en Bioinformática para as Ciencias da Saúde ten como obxectivo a formación de investigadores e profesionais no ámbito da Bioinformática e a Bioenxeñaría con especial énfase na súa vertente biomédica.

Por tanto, ten unha dobre orientación:

  • Orientación académica, que persegue formar investigadores coas capacidades e os coñecementos necesarios para comprender, aplicar e desenvolver novas estratexias computacionales e de sistemas informáticos útiles na investigación en Bioinformática e Enxeñaría biomédica.
  • Orientación profesional, que persegue formar especialistas que se poidan incorporar ás empresas que traballan no sector bioinformático e biomédico, e que teñan as capacidades necesarias para comprender e aplicar solucións bioinformáticas na xestión da enorme cantidade de datos de interese biomédico que se xeran na actualidade nos ámbitos experimental, clínico e epidemiolóxico.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.882€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
3.293€
Prazas ofertadas para o curso 2016/2017
25

Por que estudar a titulación

O Máster afronta unha especialización multidisciplinar, onde conflúen a Enxeñería Informática coas diferentes especialidades das Ciencias da Saúde e da Vida. Dentro dos posibles campos de especialización da Informática, a Bioloxía, a Química, as Matemáticas, a Física e as disciplinas de Ciencias da Saúde, o máster expón unha formación interdisciplinar nova, que se atopa na fronteira da ciencia e da informática, ao achegar metodoloxías e solucións aos novos desenvolvementos que se produciron nos métodos experimentais, e que permiten entre outros aspectos sen precedentes a xeración de grandes conxuntos de datos, así como a crecente necesidade de analizar e deseñar sistemas biolóxicos e biomédicos complexos.

En palabras de Steve Jobs, fundador de Apple, o master ten como misión preparar ao alumnado nunha área que se espera constitúa unhas grandes innovacións tecnolóxicas deste século. ("I think the biggest innovations of the 21st century will be at the intersection of biology and technology. A new era is beginning", Steve Jobs). Esta afirmación é compartida por outros importantes directivos de empresas do campo das TIC, como son Bill Gates, fundador de Microsoft, que está a destinar unha gran parte da súa fortuna ao desenvolvemento de tecnoloxías que poidan loitar contra as enfermidades no mundo desenvolvido; ou Paul Allen, co-fundador xunto con Gates de Microsoft, que apoia un proxecto de código aberto que permite aos neurocientíficos o acceso a mapas funcionais en 3 dimensións do cerebro dos ratos e dos humanos. Non parece accidental que estes empresarios, coñecidos polas súas visionarias e exitosas ideas volvesen a súa vista cara á área da Bioinformática nas Ciencias da Saúde.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Data publicación BOE de carácter oficial 26/10/2016