Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Xeoinformática (Interuniversitario)

2017/2018 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Interuniversitario en Xeoinformática polas Universidades de Vigo e A Coruña nace como un título de alta especialización para formar profesionais orientados ao mercado da industria xeoespacial. A industria xeoespacial é un dos sectores que máis rapidamente creceu nos últimos anos debido ás diferentes aplicacións relacionadas cos sistemas de posicionamento global, os sistemas de información xeográfica, os dispositivos móbiles ou a teledetección satelital.

O plan de estudos está deseñado para que os alumnos adquiran competencias no deseño, implementación e xestión de bases de datos espaciais, na definición e execución de xeoprocesos, na visualización de información xeográfica e na realización de proxectos con sistemas de información xeográfica. Tamén inclúe contidos optativos deseñados para intensificar a formación do estudante en xeotecnología (teledetección e redes de sensores), ou no ámbito das tecnoloxías da información (desenvolvemento de aplicacións SIX de escritorio, en web, ou en sistemas móbiles).

Para obter mais información pode consultar a web da titulación.

O estudo está verificado e pendente de publicación

Por que estudar a titulación

O obxectivo do Mestrado en Xeoinformática é ofrecer unha vía de especialización profesional para que os graduados de titulacións que imparten coñecementos en tecnoloxías da información e/ou coñecementos de xeotecnología adquiran as competencias específicas dunha profesión con ampla demanda no mercado laboral. En particular:

  • Para aumentar o coñecemento en tecnoloxías da información, enxeñaría cartográfica e xeomática
  • Para saber analizar as necesidades dunha empresa no ámbito xeoespacial e determinar a mellor solución tecnolóxica ás mesmas
  • Para saber construir bases de datos xeoespaciales, aplicar e desenvolver xeoprocesos e as ferramentas tecnolóxicas de xeovisualización de datos

Doutra banda, a oferta de prácticas externas profesionais en empresas do sector da enxeñaría e consultoría, ademais de centros tecnolóxicos e de investigación, permite acadar un contacto coa realidade laboral de gran valor.

Finalmente, a formación impartida serve tamén para iniciar unha carreira investigadora no ámbito da xeomática permitindo o acceso ao programa de doutoramento en Xeotecnología da Universidade de Vigo ou ao programa de doutoramento en computación da Universidade da Coruña.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2015/2016
Data última modificación/verificación ACSUG 23/03/2015
Data autorización Consello Xunta 04/06/2015
Data publicación autorización DOG 17/06/2015