Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados

2017/2018

Introdución

Desde a súa constitución como disciplina diferenciada no ámbito das ciencias sociais, a Socioloxía tivo unha natureza aplicada dirixida a orientar a toma de decisións en empresas, administracións públicas e organismos do terceiro sector. Todas estas entidades demandan analistas e expertos en obtención e xestión de información social que lles permitan entender o comportamento dos individuos en distintos ámbitos, desde o económico ata o político, desde o social ata o cultural. A razón é que esta información é crucial para elas porque: 1. As empresas necesitan coñecer as novas pautas de comportamento social e, por conseguinte, novas posibilidades de negocio e de mercado. A Investigación de Mercados convírtese nun activo da empresa que evita gastos e riscos ao sinalar os potenciais de mercados e vendas. É o coñecemento o que aumenta as vendas, contribúe á productividade e á mellora de resultados. 2. As administracións e os xestores públicos están obrigados a comprender as demandas sociais, xa que da súa resposta axeitada depende a estabilidade e a confianza da cidadanía nas institucións. 3. As entidades do terceiro sector (asociacións e fundacións) requiren, pola súa banda, especialistas en localizar espazos propios para desenvolver neles a solidariedade organizada nun contexto no que a escaseza de medios económicos incrementa exponencialmente o seu valor.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
1.297€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado do curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
2.399€
Prazas ofertadas para o curso 2017/2018
30

Por que estudar a titulación

O SAISM é o único título de posgrao no Sistema Universitario Galego que ofrece especialización en investigación de mercados e análise social avanzado, incluíndo a análise do consumidor. O SAISM ofrece una formación integral para a investigación, xa sexa esta de carácter cualitativo ou cuantitativo, a partir de datos obtidos mediante técnicas interactivas cos individuos (enquisas, grupos, etc.), a través de fontes secundarias (enquisas e censos), ou mediante a minería de datos ou big data, cada vez máis empregadas e demandadas polas empresas a partir do creciente uso das TIC.

Folla de ruta

Curso de comezo 2015/2016
Data última modificación/verificación ACSUG 31/03/2015
Data autorización Consello Xunta 04/06/2015
Data publicación autorización DOG 17/06/2015
Data publicación BOE de carácter oficial 21/10/2015