Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde (Interuniversitario)

2016/2017 · 60 créditos

Introdución

O presente título supón a transformación en Mestrado interuniversitario do previamente existente na Universidade de Vigo e é froito da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña. Orixinalmente o título comezou a súa andadura na Universidade de Vigo no curso 2009-2010, iniciándose a súa impartición como título inter-universitario, unha vez verificada a súa memoria, no curso 2015-2016. Na Comunidade Autónoma de Galicia hai dúas Universidades que imparten a titulación de Grado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, concretamente na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra) e na Facultade de Deporte e a Educación Física na Universidade da Coruña. En ambos centros hai grupos de investigación que centran o seu traballo sobre a Actividade Física, o Deporte e a Saúde. É por iso que este Mestrado supón unha optimización dos recursos económicos de ambalas dúa universidades.

O estudo está verificado e pendente de publicación

Por que estudar a titulación

O programa do Máster Interuniversitario de Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde pretende formar investigadores de carácter multidisciplinar, con competencia nos diferentes ámbitos das ciencias da actividade física e do deporte. O presente título contémplase como unha ferramenta imprescindible para adquirir a formación en técnicas de investigación necesaria para acceder en condicións óptimas aos estudos de Doutoramento.

 Folleto informativo

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2015
Data autorización Consello Xunta 04/06/2015
Data publicación autorización DOG 17/06/2015
Data publicación BOE de carácter oficial 21/10/2015