Logo da Universidade da Coruña

Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas

2016/2017 · 60 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativas, é unha proposta de mestrado da Universidade da Coruña (UDC) que cobre novas necesidades formativas derivadas das transformacións educativas do proceso de implantación da LOMCE, así como da necesidade de fomentar culturas profesionais críticas e emprendedoras no ámbito socioeducativo, desde o compromiso coa mellora en tarefas directivas e innovadoras na xestión en consonancia coas demandas organizacionais e sociais dunha sociedade plural e complexa. Estrutúrase en dúas especialidades: unha dirixida a formar profesionais directivos/as para o sistema educativo que poidan cumprir os requisitos que establece a LOMCE, así como para complementar a formación de profesionais do ámbito socioeducativo que desempeñaron ou están a desempeñar na actualidade tarefas directivas; co obxectivo de que se especialicen en tarefas de xestión, dirección e innovación de institucións socioeducativas, á vez que se daría continuidade á súa formación académica e investigadora.

O estudo está verificado e publicado

Por que estudar a titulación

Ao tratarse dun título de mestrado, estes estudos universitarios, supoñen unha forte especialización. O mestrado que se presenta pretende dar resposta á gran demanda existente sobre a necesidade de formar dun modo rigoroso a aqueles/as profesionais que se dedicarán ás funcións de xestión e dirección en centros e institucións socioeducativas. Configúrase fundamentalmente, aínda que non con carácter exclusivo, como unha especialización dos graos que se imparten na Facultade de Ciencias da Educación da UDC. Así mesmo, permitirá o acceso a diferentes programas de doutoramento ofrecidos por este e outros centros da nosa universidade, o que lle permitirá ao estudiantado, se así o considera, alcanzar a súa máis alta cualificación académica dentro da súa facultade de entrada a través do Programa Oficial de Doutoramento en Equidade e Innovación en Educación.

Folla de ruta

Curso de comezo 2014/2015
Data autorización Consello Xunta 24/10/2014
Data publicación autorización DOG 06/11/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 29/01/2015
Data publicación plan estudos DOG 16/03/2015
Data publicación plan estudos BOE 18/03/2015