Máster Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas

2023/2024 · 60 créditos

Introdución

Este mestrado universitario permitirá acadar a formación necesaria para o desempeño de actividades profesionais por conta propia ou allea na área da contabilidade e da auditoría de contas.

Visita súa páxina web:

Mestrado Universitario en Contabilidade Superior e Auditoría de Contas

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
591€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
739€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
30

Por que estudar a titulación

O plan de estudos comprende as materias referidas na Resolución do 12 de xuño de 2012 do Instituto de Contabilidade e Auditoría de Contas (ICAC), para os efectos da súa validación como primeira fase das probas de acceso á inscrición no Rexistro Oficial de Auditores de Contas (ROAC) e ao pleno exercicio da profesión regulada de auditor de contas.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2013/2014
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2013
Data autorización Consello Xunta 05/12/2013
Data publicación autorización DOG 20/12/2013
Data publicación BOE de carácter oficial 11/03/2014
Data publicación plan estudos DOG 05/08/2014
Data publicación plan estudos BOE 30/07/2014